Categoría: Oferta Pública de Emprego

Bases de Contratación 1 ENCARGADO E 5 PEÓNS


BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL( 1 ENCARGADO E 5 PEÓNS) PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS NO CONCELLO DE FORCAREI

É obxecto da presente convocatoria e bases regular o procedemento para seleccionar, con carácter urxente, a un (1) Xefe de brigada e cinco (5) peóns para a prevención e defensa contra incendios forestais, en réxime de contratación laboral temporal a xornada completa, durante un período de 3 meses, ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Forcarei para a prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña 2015.

Os traballadores contratados prestarán os seus servizos no termo municipal do Concello de Forcarei, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable poidan participar nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da Consellería competente en materia forestal, consonte ao establecido no Convenio de colaboración. Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.


Bases de contratación

Lista de Admitidos/Exluídos ó proceso de selección

Lista DEFINITIVA de admitidos

Resultado das probas de selección



Bases Contratación de persoal laboral. 2 CONDUTORES OPERARIOS DE SERVIZOS


BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERS AL (2 CONDUTORESOPERARIOS DE SERVIZOS) PARA VEHICULO MOTOBOMBA NO CONCELLO DE FORCAREI.

É obxecto da presente convocatoria e bases regular o procedemento para seleccionar, con carácter urxente, a dous (2) Oficiais 1" condutores de camión motobomba, en réxime de contratación laboral temporal a xornada completa, durante un período de 3 meses, ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Forcarei para a prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña 2015.

Os traballadores contratados prestarán os seus servizos no termo municipal do Cancel lo de Forcarei, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable poidan participar nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da Consellería competente en materia forestal.


Bases de contratación

Lista de admitidos/excluídos o proceso de selección





 

Nº de resultados:
32
Mostrar

Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí Se continuas navegando estás aceptándoa
Política de cookies +